GANDEIRÍA EXTENSIVA DE ALTA MONTAÑA

Animais en liberdade os 365 días do ano alimentados unicamente a base de pasto, silo e forraxe

POR QUE COMPRAR UN CANAL ENTEIRO EN AS VACAS DOS MEUS

Hai tradicións que cómpre recuperar, non por nostalxia, senón porque tiñan sentido. Comprar un tenreiro ou poldro enteiro —ou medio canal— era unha forma de garantir alimento de calidade para toda a familia durante meses. Un acto de previsión, confianza e vínculo co territorio.

En As Vacas Dos Meus quero volver a esa práctica, adaptándoa aos tempos actuais. Ofrézoche a posibilidade de adquirir un tenreiro criado con coidado e paciencia, no corazón da Serra do Xistral, baixo os criterios máis esixentes de benestar animal, sostibilidade e calidade nutricional.

¿QUE CHE OFRECEMOS?

  • Un canal de aproximadamente 200 kg, procedente dun tenreiro certificado como calidade SUPREMA alimentado a base de pastos naturais e leite materno ate os 7 meses, pertencente á IXP Ternera Gallega Suprema.
  • Un canal de poldro criado en liberdade no monte alimentado unicamente a base de leite materno e pastoreo, cunha idade máxima de 18 meses.
  • Corte profesional, envasado e selado ao baleiro, listo para conxelar ou consumir.
  • Trazabilidade total: saberás en todo momento que animal estás comprando, como viviu, que comeu e cal é a súa historia.
  • Entrega coordinada para que poidas recoller ou recibir a carne segundo as túas necesidades.

¿POR QUE FACELO?

  • Calidade incomparable: unha carne sana, sabrosa e nutritiva, criada sen presas nin estrés.
  • Aforro familiar: en lugar de mercar carne cada semana, fas unha única compra intelixente e rendible.
  • Consumo consciente: elixes coñecer de onde vén o que comes, apoiando unha gandeiría que respecta os animais e a natureza.
  • Volver ao esencial: compartir coa familia, conservar, organizar a despensa, sentirte parte dun ciclo natural de alimentación.
  • Apoias proxectos de responsabilidade social que loitan por coidar e reactivar o rural.

¿PARA QUEN É?

  • Consumidores que queren comer ben durante todo o ano a menor prezo.
  • Consumidores concienciados co consumo local, co apoio a gandeirías con valores e co consumo de carne sana libre de pensos e agrotóxicos
  • Grupos de amigos ou veciños que deciden compartir un canal.
  • Pequenas tendas e proxectos de alimentación sostible.

RESERVA CON TEMPO

Os nosos animais non se producen en cadea: críanse co ritmo da natureza e do respecto. Se queres garantir a túa canal, ponte en contacto comigo. Estarei encantada de explicarche todo o proceso.

  • Recuperemos xuntas a sabedoría de comer ben.
  • Compra directo do campo, a unha gandeiría que ama o que fai.

REDES