COMPROMISO

Do latín compromissum. Palabra dada

Nesta gandería primeiro faise e despois cóntase.

O que sinto e vivo non é marketing nin unha estratexia de marca.
Son consciente de que vivimos nun mundo no que moitas veces se utilizan discursos bonitos para vender.

Nesta casa tamén comemos, coma en calquera outra, pero sempre tivemos máis integridade ca fame.
Por iso, cando falo de compromiso non falo dun lema nin dun relato: falo de algo que forma parte da miña maneira de ser, de vivir e de entender o que fago.

COMPROMISO CA CALIDADE DA CARNE

A calidade non é só un resultado: é unha actitude

Certificación IXP Ternera Gallega Suprema, garante que cada peza procede de becerros nados, criados e sacrificados en Galicia, alimentados de forma natural, con lactancias ate os 7 meses de idade e con altos estándares de benestar animal. Este selo avala a excelencia dunha carne tenra, saborosa e de orixe controlada, ofrecendo total confianza ao consumidor.

Parte das reproductoras equinas desta gandeiría están certificadas pola Asociación de Criadores do Cabalo Pura Raza Galega (PuRaGa). A carne prodúcese segundo os criterios da marca colectiva “Potro Gallego”, que avala os sistemas de cría tradicional no que o pastoreo é a principal fonte de alimento e non exceden os 18 meses de idade na súa comercialización. A finalidade é obter un valor tanto gastronómico (tenrura e sabor) como nutricional (baixa porcentaxe graxa, alta concentración de ferro e vitaminas do grupo B) do noso produto, así como a súa importancia para a conservación de Galicia, a súa paisaxe, a súa biodiversidade, a súa cultura, etc. Entendendo a cría de cabalos en semilibertad como unha ferramenta para a prevención dos incendios e como un recurso turístico e
etnográfico coa conservación da celebración da rapa das bestas.

As Vacas Dos Meus forma parte da marca colectiva Saberes do Monte, creada para poñer en valor produtos que contribuen á conservación dos hábitats naturais grazas ao manexo tradicional do gando. Certifica un modelo de produción sostible que fortalece o desenvolvemento das comunidades rurais e preserva a biodiversidade dos ecosistemas únicos destes montes.

COMPROMISO CO MEDIO

Unha gandería enraizada no corazón da Serra do Xistral

As Vacas Dos Meus non pode estar máis orgullosa da terra que a sostén.

A gandería está situada nun enclave único: a Serra do Xistral, declarada Zona de Especial Conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000, un dos espazos naturais máis valiosos de Galicia e de toda a Europa atlántica.

Nesta gandeiría alimentar os animais convértese nun acto de custodia do territorio, pastorear e conservar a natureza van da man.

As vacas e cabalos pacen libremente durante todo o ano sobre un mosaico de brezais húmidos atlánticos, un dos ecosistemas máis singulares e fráxiles de Europa. Estas matogueiras dominadas polo breixo (Erica spp.) non son espazos abandonados nin salvaxes: son paisaxes culturais que dependen do pastoreo tradicional para manter o seu equilibrio ecolóxico.

Sen o dente do gando, outras especies máis agresivas como o toxo ou as silvas poderían ocupar o territorio, alterando a estrutura do hábitat e provocando a perda da diversidade que caracteriza estes ecosistemas.

O pastoreo extensivo e respectuoso, como o que se practica nesta gandería, axuda a manter vivo este equilibrio natural: controla a vexetación, mellora a estrutura do solo e conserva hábitats fundamentais para numerosas especies de fauna salvaxe que habitan o Xistral. Animais como o lobo, o raposo, pequenos mamíferos, aves e insectos forman parte dun ecosistema complexo no que cada especie cumpre o seu papel.

O Xistral garda ademais un tesouro ecolóxico excepcional: o sistema de turbeiras de cobertor da Europa meridional mais importante por ser dos mellor conservados

As turbeiras son ecosistemas húmidos que se formaron ao longo de milleiros de anos a partir da acumulación de materia vexetal que apenas se descompón debido á falta de osíxeno no solo. Este proceso permite que funcionen como enormes almacéns naturais de carbono e reguladores de auga. A pesar de ocupar aproximadamente só o 3 % da superficie terrestre do planeta, as turbeiras almacenan máis carbono que todos os bosques do mundo xuntos, converténdose nun elemento clave na regulación do clima global.

As Vacas Dos Meus sabe que o pastoreo é esencial para conservar estes ecosistemas e significa protexer un patrimonio natural que leva miles de anos construíndose e que hoxe se revela esencial na loita contra o cambio climático a nivel mundial.

Nesta terra tamén florecen xoias únicas. Entre elas, a segunda actividade económica desta gandeiría toma forma: o cultivo de Arnica montana, unha planta medicinal en perigo, da que aquí cultivamos unha variedade silvestre especialmente rica en lactonas sesquiterpénicas hipoalérxenas. Un cultivo ético, artesanal e sostible, que se beneficia do mesmo solo e do mesmo coidado que as nosas vacas. Cultivo unicamente variedades autóctonas que recollo no monte respectando cupos que aseguren a supervivencia e espallamento dos asentamentos naturais.

Así, en As Vacas Dos Meus, producir é conservar. Criar é protexer. E traballar é, tamén, gardar un legado natural que non nos pertence, pero que temos a obriga de coidar para quen vén detrás.

COMPROMISO CO RURAL

Responsabilidade social

Teórica e legalmente segundo o rexistro do RETA son gandeira pero é un título que sempre que o digo me da respeto e me temblan os xeonllos. A morte repentina de meu pai púxome á fronte desta aventura profesional da que namorei e da que tiven a grandísima sorte de contar con amigos, veciños e familia sen os cales houbese sido imposible. Grazas a súa solidariedade a casa da Arcadia e do Domingo volve a afumear e o legado familiar conseguiu relevo.

Síntome nunha débeda eterna ca xente da miña contorna.

Eu entendín que o meirande patrimonio que temos é a xentiña que nos rodea. Incluso por riba do vexetal e coidadiño… ¡Que son do Xistral! Asique figúrate o nivelazo.

De entender a importancia da colaboración naceu o proxecto de Vacantes, unha plataforma totalmente gratuíta e colaborativa que conecta persoas que se necesitan no rural galego. Nace con toda a ilusión de poder ofrecer unha rede de contactos para axudarnos entre todos a atopar e xerar oportunidades, emprego, vivenda e comunidade para loitar contra a despoboación e falta mans do rural.

O rural non sobrevive só: constrúese entre todos.

Súmate ao proxecto. Rexístrate de balde no seguinte enlace.

COMPROMISO CA ECONOMÍA CIRCULAR

A economía circular non é unha moda nin marketing moderno

O futuro do rural pasa por coidar o presente con intelixencia, respecto e responsabilidade. A economía circular non é só unha teoría: é a maneira na que traballamos.

Aproveitar os recursos ao máximo, reducir desperdicios, reciclar e dar novos usos ao que outros considerarían «residuos». O esterco convértese en abono, os restos de madeira e cartón en cinza para compostaxe, os restos de alimentos de negocios da contorna tornan en alimento reciclado, e cada decisión busca pechar ciclos e abrir oportunidades.

Queremos aproveitar e arranxar o que temos, comprar maquinaria e equipamento de segunda man en bo estado para seguir dando vida ao que vale.

Así, se alimentan as vacas e mastíns en As Vacas Dos Meus, con conciencia, reducindo o desperdicio de alimentos facendo alianzas con panadarías e carnizarías da contorna, devolvendo á terra o que dela se recibe e creando un modelo sostible que beneficia á natureza, ás persoas e ao territorio.

COMPROMISO COS ODS

As Vacas Dos Meus e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

En As Vacas Dos Meus, cada decisión que se toma nace dunha convicción profunda: outra forma de gandeiría é posible. Máis xusta, máis consciente, máis comprometida coa terra e coa vida. Por iso, trabállase día a día para que a nosa actividade reverta en algo máis que alimentos: que sexa parte activa dun rural vivo, dun planeta máis san e dunha sociedade máis digna.

Esta maneira de producir está directamente ligada aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU. Así é como os facemos realidade:

O proxecto contribúe á meta 2.1, ao producir alimentos de alta calidade nutricional a través dun modelo de gandería extensiva baseado no pastoreo e no respecto polos ciclos naturais. Este sistema permite ofrecer carne criada de forma responsable, saudable e vinculada ao territorio.

Tamén se relaciona coa meta 2.3, xa que As Vacas Dos Meus representa un modelo de pequena gandería familiar que aposta pola venda directa e pola proximidade co consumidor. Este enfoque contribúe a fortalecer a economía rural, xerar valor engadido e apoiar a sustentabilidade dos pequenos produtores de alimentos.

A relación máis clara do proxecto prodúcese coa meta 2.4, centrada na sustentabilidade dos sistemas de produción alimentaria. A gandería aposta por prácticas resilientes como o pastoreo extensivo, o uso de razas rústicas adaptadas ao medio, a redución progresiva de fertilizantes químicos, a mellora da fertilidade natural do solo e a conservación de ecosistemas valiosos como os brezais da Serra do Xistral. Todo isto contribúe a manter os ecosistemas, mellorar a calidade do solo e aumentar a capacidade de adaptación fronte ao cambio climático.

Ademais, o proxecto contribúe á meta 2.5 ao favorecer o mantemento da diversidade xenética do gando mediante o uso de razas autóctonas ou rústicas adaptadas ao territorio, preservando así un patrimonio gandeiro fundamental para o futuro da produción alimentaria.

Finalmente, As Vacas Dos Meus tamén se vincula coa meta 2.a, ao incorporar innovación e tecnoloxía na xestión da gandería. O uso de ferramentas dixitais, sistemas de monitorización animal, análise de datos e seguimento ambiental permite mellorar a toma de decisións e avanzar cara a un modelo produtivo máis eficiente, sostible e profesional.

O proxecto relaciónase coa meta 3.4, ao contribuír á prevención de enfermidades non transmisibles a través da produción de alimentos de calidade, procedentes de animais criados en extensivo e alimentados principalmente con pasto e forraxes naturais. Este modelo promove un consumo máis saudable e consciente, vinculado á orixe dos alimentos e ao respecto polos ciclos naturais.

Tamén se vincula coa meta 3.9, xa que a gandería aposta pola redución progresiva do uso de fertilizantes químicos e outros insumos que poden afectar á calidade do solo, da auga e do aire. Ao favorecer prácticas máis naturais e sostibles, contribúe a diminuír os riscos para a saúde asociados á contaminación ambiental.

Ademais, o proxecto fomenta o benestar das persoas e da comunidade rural, promovendo unha relación máis equilibrada co territorio e cos alimentos. A produción de proximidade, a transparencia na cadea alimentaria e a conexión directa entre quen produce e quen consume favorecen unha maior conciencia sobre a saúde, a alimentación e o coidado do medio.

O proxecto relaciónase coa meta 8.2, ao apostar pola modernización e a innovación na xestión da gandería. A incorporación de tecnoloxía, sistemas de monitorización animal, análise de datos e ferramentas dixitais permite mellorar a produtividade, profesionalizar o sector e xerar maior valor engadido nunha actividade tradicional como a gandería extensiva.

Tamén se vincula coa meta 8.3, xa que As Vacas dos Meus representa un proxecto emprendedor no medio rural que fomenta a actividade produtiva, a innovación e o desenvolvemento de iniciativas complementarias como o proxecto social Vacantes.gal, que contribúe a facilitar o acceso a oportunidades laborais, servizos e vivenda no rural galego.

Ademais, o modelo de venda directa e de proximidade favorece a creación de cadeas de valor máis xustas e transparentes, fortalecendo a economía local e apoiando o crecemento de pequenas iniciativas produtivas vinculadas ao territorio.

O proxecto tamén se relaciona coa meta 8.4, ao promover un uso máis eficiente e responsable dos recursos naturais. A gandería extensiva, o pastoreo controlado e a redución progresiva de insumos químicos permiten avanzar cara a un modelo económico que busca desvincular o crecemento da degradación ambiental.

O proxecto relaciónase coa meta 12.2, ao apostar por un modelo de gandería extensiva que favorece un uso máis eficiente e responsable dos recursos naturais. O pastoreo controlado, a mellora progresiva do solo e a adaptación do gando ao territorio permiten aproveitar mellor os recursos dispoñibles e reducir a dependencia de insumos externos.

Tamén se vincula coa meta 12.3, ao promover iniciativas orientadas á redución do desperdicio alimentario. A través de colaboracións con negocios da contorna, parte de alimentos que doutro xeito serían descartados poden ser aproveitados para a alimentación animal, contribuíndo a un modelo máis circular e sostible.

Ademais, o proxecto contribúe á meta 12.4, ao reducir progresivamente o uso de fertilizantes químicos e outros insumos potencialmente contaminantes, favorecendo prácticas que minimizan os impactos negativos sobre o solo, a auga e o medio ambiente.

As Vacas Dos Meus tamén se relaciona coa meta 12.5, ao fomentar prácticas de prevención e redución de residuos, así como o aproveitamento responsable dos recursos dentro da explotación.

Finalmente, o proxecto contribúe á meta 12.8, ao promover unha maior conciencia sobre a orixe dos alimentos e os modelos de produción sostibles. A través da venda directa e da transparencia no proceso produtivo, axuda a que as persoas consumidoras comprendan mellor a relación entre alimentación, territorio e sustentabilidade.

O proxecto relaciónase coa meta 13.1, ao fortalecer a capacidade de adaptación da actividade gandeira fronte aos riscos asociados ao cambio climático. A aposta pola gandería extensiva, o uso de razas rústicas adaptadas ao medio e o manexo do pastoreo permiten desenvolver un sistema produtivo máis resiliente ás variacións climáticas, ás secas ou a outros fenómenos meteorolóxicos extremos.

Tamén se vincula coa meta 13.2, ao integrar medidas relacionadas co cambio climático na xestión da explotación. A mellora progresiva da saúde do solo, a redución de fertilizantes químicos, o uso responsable dos recursos naturais e o seguimento ambiental mediante tecnoloxía contribúen a reducir o impacto ambiental da produción gandeira.

Ademais, o proxecto contribúe á meta 13.3, ao fomentar a sensibilización sobre a importancia de modelos agrarios máis sostibles e adaptados ao territorio. A través da transparencia na produción, da comunicación coas persoas consumidoras e da difusión das prácticas de gandería extensiva, promóvese unha maior conciencia sobre a relación entre alimentación, territorio e cambio climático.

O proxecto relaciónase coa meta 15.1, ao promover un uso sostible dos ecosistemas terrestres. A actividade gandeira desenvólvese nun territorio de alto valor ambiental como a Serra do Xistral, onde o pastoreo extensivo contribúe ao mantemento de hábitats naturais como os brezais húmidos atlánticos e outros ecosistemas característicos das zonas de montaña.

Tamén se vincula coa meta 15.3, xa que o manexo responsable do pastoreo e a mellora progresiva da fertilidade natural das pradeiras contribúen á recuperación do solo e á prevención da súa degradación. A redución progresiva de fertilizantes químicos e o aproveitamento equilibrado do territorio favorecen a saúde do solo e a súa capacidade produtiva a longo prazo.

Ademais, o proxecto relaciónase coa meta 15.4, centrada na conservación dos ecosistemas de montaña. A presenza dunha gandería extensiva ben xestionada nestes territorios axuda a manter a diversidade biolóxica, a estrutura do hábitat e os servizos ecosistémicos que estas paisaxes proporcionan.

A gandería tamén contribúe á meta 15.5, ao favorecer a conservación da biodiversidade. O mantemento de sistemas agrarios tradicionais e a convivencia equilibrada co medio natural permiten preservar especies e hábitats que dependen do mosaico de pradeiras, matogueiras e zonas naturais propias destes territorios.

O proxecto relaciónase coa meta 17.16, ao fomentar alianzas e colaboracións entre diferentes actores do territorio. A gandería participa en iniciativas que conectan produtores, consumidores, negocios locais e comunidade rural, favorecendo un modelo de cooperación que fortalece o desenvolvemento sostible do territorio.

Tamén se vincula coa meta 17.17, ao promover colaboracións entre o ámbito privado, a sociedade civil e outras entidades. O proxecto social Vacantes.gal, impulsado desde a gandería, constitúe un exemplo de plataforma colaborativa que busca conectar persoas, oportunidades laborais, servizos e recursos no rural galego.

Ademais, As Vacas Dos Meus contribúe á meta 17.6 e 17.8, ao incorporar tecnoloxía e ferramentas dixitais na xestión da explotación e ao compartir coñecemento sobre innovación aplicada á gandería extensiva. O uso de sistemas de monitorización, análise de datos e tecnoloxías de información permite mellorar a xestión e facilitar o intercambio de aprendizaxes.

Finalmente, o proxecto tamén se relaciona coa meta 17.18, ao apostar pola recompilación e análise de datos para mellorar a toma de decisións e avaliar a evolución da explotación ao longo do tempo. A integración de información sobre o territorio, o gando e o sistema produtivo contribúe a unha xestión máis transparente, baseada en coñecemento e mellora continua.